Tutela e bolsas para os Traballos Fin de Máster de Enxeñería Agronómica

Tutela e bolsas para os Traballos Fin de Máster de Enxeñería Agronómica

A Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia convoca tres bolsas de 600 euros que inclúen tutela e asesoramento para os alumnos da EPS de Enxeñaría de Lugo que estén cursando o Máster de Enxeñería Agronómica. Estas bolsas serán para elaborar Traballos Fin de Máster (TFM) na modalidade ‘Proxectos de Enxeñería’ que aporten valores de creatividade e aplicabilidade.

Os candidatos deberán estar matriculados na EPS de Enxeñaría de Lugo no curso 2022-2023 e comprometeranse a presentar o seu traballo nalgunha das convocatorias da anualidade 2023. Así mesmo deberán contar coa proposta do seu TFM presentada e coa decisión de ‘Aceptación’ ratificada por parte da Comisión de Título. O prazo de presentación de solicitudes remata ás 14.00 horas do martes 15 de febreiro de 2023.

Convocatoria

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment