
O Colexio colabora coa Feira Abanca Cimag-GandAgro, referente da Innovación Agropecuaria
A feira Abanca Cimag-GandAgro celebrarase do 20 ao 22 de febreiro na súa quinta edición, convertendo de novo ao recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra) no punto de encontro de empresas, colectivos e profesionais do sector agropecuario.
Este certame volverá ser único no noroeste peninsular ao aglutinar nunha mesma cita maquinaria agrícola, gandería e agricultura. Na súa área expositiva confirmaron xa presencia moitas das firmas máis importantes do sector a nivel nacional e internacional. Entre outros sectores, incluirá sanidade e hixiene animal, nutrición, fertilizantes e sementes, xenética, animal vivo, equipamento para agricultura e gandería, sistemas de muxido, equipos para explotacións gandeiras e maquinaria entre a que destacará a destinada ao cultivo de forraxe e á preparación de chan para o cultivo de viñedo e pataca, ademais de compoñentes e accesorios.
Así mesmo, o seu programa caracterizarase pola diversidade e interese das súas propostas, coas que os visitantes poderán descubrir novidades e analizar a actualidade a través de xornadas técnicas, demostracións, presentacións e concursos entre os que destacarán os de innovación e os morfolóxicos de frisón.
En canto aos primeiros, levarase a cabo o de Máquinas Destacadas Cimag, que premiará as innovacións en maquinaria que sobresaian por avances en deseño, prestacións e calidade do traballo, destacándose a maquinaria dirixida á agricultura que se desenvolve en Galicia e as rexións do norte de España e Portugal. Tamén se convocou o GandAgro Innova, cuxo obxectivo é premiar as innovacións destinadas a optimizar os recursos agrogandeiros que supoñan un avance ou mellora no ámbito dos medios de produción, transformación, comercialización ou para o desenvolvemento nas zonas rurais, nos sectores agrícola e gandeiro.
Respecto a os morfolóxico de frisón, que se celebran xunto coa Federación Frisoa Galega (Fefriga) e reunirán á mellor cabana bovina desta raza, serán o XXXIII Concurso Autonómico da Raza Frisoa Fefriga e o XXXVII Open Internacional da Raza Frisoa GandAgro. Sumaranse a eles o XLII Concurso Internacional de Mozos Manejadores “Memorial Luis Louzao”, no cal os gandeiros máis novos demostrarán a súa habilidade na presentación en pista dos animais, e o XX Concurso Internacional de Novos Preparadores de Gando GandAgro´25, no que os participantes mostrarán a súa destreza preparando ao gando que logo se presentará en pista.
Toda a información desta edición está en www.cimag.gandagro.com, onde tamén os profesionais poden rexistrarse para acudir á feira de forma gratuita.
Xúntase Invitación Certamen