
V Xornada ‘Mulleres Relevantes da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo’
O vindeiro venres, 26 de maio, o CEIDA, co patrocinio da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, organiza a V Xornada ‘Mulleres Relevantes da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo’, adicada á figura de Juana de Vega, ilustre coruñesa que desenvolveu unha intensa actividade benéfica e social, muller progresista e liberal, que deixou unha grande impronta tanto na cidade da Coruña como en toda Galicia e o resto do estado español.
A actividade terá lugar no Salón de Actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros), e inclúe unha visita á Fundación Juana de Vega (Nós, Oleiros) para coñecer a súa sede e actividade.
As prazas son limitadas.