VII Torneo de Golf CGES

cartel_torneo
Jul 15 2026

VII Torneo de Golf CGES

O Consello Galego de Enxeñerías (CGES) convocou a sétima edición do seu torneo de golf, que se celebrará os días 11 e 12 de setembro de 2026 nas instalacións de Golf Xaz, situadas no municipio de Oleiros (A Coruña).

Prazas patrocinadas e condicións económicas
A organización ofrece un total de 40 prazas patrocinadas destinadas en exclusiva aos enxeñeiros colexiados das oito entidades que integran o CGES: Agrónomos; Camiños, Canles e Portos; Industriais; ICAI; Minas; Montes; Navais e Oceánicos e Telecomunicación. O prezo establecido para os beneficiarios destas prazas é de 35 euros.
Os interesados en participar poderán realizar a preincripción no seguinte FORMULARIO INSCRIPCIÓN, ata o domingo 30/08/2026 ás 23:59 h.
Prazos e procedemento de solicitude

Os profesionais interesados deben tramitar obrigatoriamente a súa solicitude a través do seu respectivo colexio profesional.

O calendario oficial do proceso componse das seguintes fases:

  • Peche de preinscricións: Domingo 30 de agosto de 2026 ás 23.59 horas.
  • Notificación de adxudicados: A partir do martes 1 de setembro de 2026, mediante correo electrónico aos seleccionados, no que se lles indicará a forma de pago.
  • Data límite de pago: Venres 4 de setembro de 2026 ás 12.00 horas. Os adxudicatarios deberán abonar a cota e notificar o pago ao CGES antes desta hora para confirmar a súa praza.

 

Requisito obrigatorio de protección de datos «Para formalizar a participación, é indispensable que os solicitantes autoricen expresamente a cesión dos seus datos privados ao Consello Galego de Enxeñerías Superiores. Esta cesión realizarase coa única finalidade de xestionar a organización do torneo».

A falta desta autorización impedirá a asignación da praza.
CARTEL

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment