Webinar: Ciclo de Vida do Carbono e Pegada de Carbono no Sector Agroalimentario

2formularioCO2
Dec 09 2025

Webinar: Ciclo de Vida do Carbono e Pegada de Carbono no Sector Agroalimentario

 Webinar: Ciclo de Vida do Carbono e Pegada de Carbono no Sector Agroalimentario.

17 de decembro de 2025.

O próximo 17 de decembro de 2025 terá lugar unha webinar especializada no ciclo de vida do carbono e a súa pegada, dirixida a empresas dos sectores agrario, gandeiro e agroalimentario, así como a profesionais e estudantes interesados en avanzar cara a modelos de produción máis sostibles. Esta formación intégrase no proxecto “Cara a unha Agroindustria Sostible: estudo do ciclo de vida do carbono, mitigación dos seus efectos e actividades de compensación”, financiado pola Deputación da Coruña, e forma parte dun conxunto de accións orientadas a impulsar a descarbonización do tecido agroindustrial galego. A sesión será impartida por expertos da Universidade de Santiago de Compostela en formato de taller práctico, dando continuidade á xornada celebrada o 1 de outubro. Tras os fundamentos teóricos presentados previamente, esta nova actividade permitirá traballar casos prácticos de cálculo da pegada de carbono de organización, así como abordar a súa compensación a través do Sistema Voluntario de Créditos de Carbono de Galicia, conforme á nova regulamentación autonómica. Trátase dunha oportunidade para profundar en metodoloxías actuais, comprender os requisitos normativos e adquirir ferramentas aplicables de forma inmediata na xestión da sustentabilidade dentro do sector.

INSCRÍBETE na seguiente ligazón

Para máis información accede á FIA                                                                                                                              Cartel co programa

PeXornadaCO2

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment