WORKSHOP INTERNACIONAL DA PAISAXE: TRALAS PEGADAS DO CAMIÑO DE INVERNO NAS PAISAXES DA RIBEIRA SACRA

cartel_web
Jul 31 2019

WORKSHOP INTERNACIONAL DA PAISAXE: TRALAS PEGADAS DO CAMIÑO DE INVERNO NAS PAISAXES DA RIBEIRA SACRA

A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia, no marco do programa O teu Xacobeo, de apoio a proxectos de dinamización do Xacobeo 2021, organiza dous Workshops internacionais de paisaxe co título: TRALAS PEGADAS DO CAMIÑO DE INVERNO NAS PAISAXES DA RIBEIRA SACRA.
O obxectivo é analizar as paisaxes e os patrimonios da Ribeira Sacra, e propoñer estratexias de delimitación, intervención, e desenvolvemento a partir dun traballo multidisciplinar con estudantes, expertos e profesionais de recoñecido prestixio, contando tamén cos axente locais.
No primeiro dos workshops, que terá lugar no mes de setembro, analizarase o tramo que vai dende Quiroga a Monforte de Lemos.
O workshop terá lugar do
2 ao 6 de setembro de 2019 na Casa Grande de Rosende (Sober).

Para máis información

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment