X edición do PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS

FD0y2lhWEAEWeXF
Nov 11 2021

X edición do PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS

A Fundación Juana de Vega, convoca a X edición do PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS: programa de apoio a empresas e emprendedores dos sectores agroalimentario, forestal, pesqueiro e marisqueiro, así como proxectos e servizos noutros campos relacionados co anterior, que contribúan ao desenvolvemento do medio rural de Galicia. O PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS ten dúas modalidades diferentes, cos obxectivos indicados para cada unha delas:

  • Emprendemento (Creación novas empresas)

  • Crecemento e Consolidación (Desenvolvemento de empresas existentes)

Poderán participar en calquera das modalidades, tanto as empresas xa existentes como as novas iniciativas empresariais nos campos agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro, ou outros sectores relacionados cos anteriores, que se desenvolven no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.

+Info

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment