X ENCONTROS DE ENXEÑERÍA CIVIL GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

encontro
Sep 14 2022

X ENCONTROS DE ENXEÑERÍA CIVIL GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

X ENCONTROS DE ENXEÑERÍA CIVIL GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

MOBILIDADE URBANA: SAÚDE E ESPAZO PÚBLICO

A transformación da mobilidade urbana é un aspecto fundamental nas nosas cidades, que afecta o espazo público e á saúde dos nosos cidadáns. Nas dúas últimas décadas especialmente, leváronse a cabo actuacións nas cidades da Eurorrexión de Galicia-Norte de Portugal, que son as que podemos poñer aquí como exemplo.
Estes Encontros serven para poñer de manifesto experiencias comúns, que de forma alternativa facemos cada dous anos, ben en Galicia ou no Norte de Portugal.

Os X Encontros Galicia-Norte de Portugal celebraranse en Vigo o día 28/09/2022.
Terán como tema principal a mobilidade urbana: saúde e espazo público e contarán coa presenza de profesionais de Galicia e de Portugal.

O lugar de celebración é o Círculo de Empresarios de Galicia, situado na c/García Barbón, 62, en Vigo.

INSCRICIÓN
A inscrición debe realizarse en liña a través do
seguinte formulario, ao que, xunto cos datos solicitados, incorporarase o xustificante de realizar o pago. A inscrición inclúe a asistencia ás sesións, xantar e cafés nos descansos de mañá e tarde (xantar e cafés no Círculo de Empresarios).

+Info

ENCONTROS1 ENCONTROS2

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment