
XORNADA DIFUSIÓN DO PROXECTO DE COOPERACIÓN LEADER “CONECTANDO A BIODIVERSIDADE” E OUTROS PROXECTOS AMBIENTAIS
En conmemoración do Día Internacional das Reservas da Biosfera, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo organiza unha xornada de difusión sobre os proxectos levados a cabo nestes 10 anos, entre eles o de Cooperación Leader ‘Conectando Biodiversidade’.
Data: venres 3 de novembro
Lugar: Salón de Actos do CIAM
Hora: 9:30
Durante a sesión, falarase de cuestións como:
-
A actividade nesta década como Reserva da Biosfera.
-
Os estudos realizados dentro do proxecto ‘Conectando Biodiversidade’.
-
Boas prácticas de conservación na #Reserva.
-
Proxectos de futuro da #Reserva.
As persoas interesadas pódense inscribir a través da ligazón: https://docs.google.com/…/1FAIpQLSeDtKjq0OoeMo…/viewform
Para rematar a xornada haberá petiscos.