XORNADA FORMATIVA SOBRE RPAS: RPAS NA OFICINA TÉCNICA

rpas
Nov 14 2024

XORNADA FORMATIVA SOBRE RPAS: RPAS NA OFICINA TÉCNICA

A USC organiza unha Xornada Formativa sobre RPAs financiada pola Deputación de Lugo, RPAs na Oficina Técnica, que terá lugar na cidade de Lugo o venres 29 de novembro. Trátase dunha xornada gratuita e na que colabora de forma activa o Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia e a Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia.

En función do número de alumnos final, realizarase nas instalacións de Fortop en Lugo, ou pola contra se se excede a capacidade da aula de Fortop reestruturarase o contido de tal forma que a parte de gabinete realizarase nunha aula da Escola Politécnica Superior de Enxeñería en Lugo, e a práctica de campo de voo nas instalacións de Fortop, realizando todos os voos previstos de forma consecutiva, o que implicará a necesidade de desprazamento entre espazos. 

Aínda que se trata dunha xornada gratuíta é necesaria a inscrición porque vai condicionar a forma na que se estruturan os contidos ademais de poder informar os alumnos do lugar no que finalmente se van a desenvolver a formación, e trasaladarlle o programa definitivo.

Formulario inscrición

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment