XXI Xunta Xeral de Representantes de Colexios de Enxeñeiros Agrónomos

IMG-20231020-WA0013
Oct 23 2023

XXI Xunta Xeral de Representantes de Colexios de Enxeñeiros Agrónomos

Cada dous anos ten lugar a Xunta Xeral de Representantes dos Colexios Oficiais de Enxeñeiros Agrónomos, na que participan as Xuntas de Goberno de todos os Colexios de Enxeñeiros Agrónomos de España.

Este ano, celebrouse en Zaragoza os días 20 e 21 de outubro, e cuxa apertura estivo a cargo do Director Xeral de Innovación e Promoción Alimentaria, Juan José Orries Larroya, Enxeñeiro Agrónomo, colexiado do COIAANPV, que dedicou unhas palabras sobre a profesión.

Posteriormente, os congresistas, dividíronse en grupos de traballo para poder analizar as distintas áreas de actuación profesional de enxeñeiros e enxeñeiras agrónomas nas que se expuxeron unha serie de conclusións ao redor de 4 grandes áreas de actuación: exercicio libre, función pública, contrato laboral en empresa e universidade.

O sábado, tivo lugar a vista técnica, onde puideron coñecer as adegas NEKEAS en Añorbe, que acompañados polo presidente da Adega Francisco San Martín, deu un amena pero exhaustiva ilustración das adegas e almazara, que xunto coa contorna fixeron que a xornada fóra de excepción, o broche final púxoo o asador e degustación de viños.

Dous días cargados de traballo, reencontros, toma de decisións, compartir experiencias e aprender. O Colexio de Aragón, Navarra e País Vasco pasa a testemuña ao Colexio de Asturias para a organización da próxima Xunta de Representantes que se celebrará dentro de dous anos.

Os colexios, agradecenlle a todos os asistentes a súa participación, desexando que a experiencia, fose construtiva.

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment