Curso sobre “XESTIÓN EMPRESARIAL DUNHA EXPLOTACIÓN HORTÍCOLA ECOLÓXICA”

AAAA
Oct 29 2020

Curso sobre “XESTIÓN EMPRESARIAL DUNHA EXPLOTACIÓN HORTÍCOLA ECOLÓXICA”

A Oficina Agraria Comarcal de Betanzos, dependente da Consellería do Medio Rural, en colaboración coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (wwww.marinasbetanzos.gal) organiza un Curso sobre “XESTIÓN EMPRESARIAL DUNHA EXPLOTACIÓN HORTÍCOLA ECOLÓXICA”, que se desenvolverá os vindeiros días 5, 11 e 16 de Novembro.

Esta actividade está enmarcada no Plan de Formación ao Agro Galego 2020, impulsado pola Consellería do Medio Rural, co obxectivo de apoiar e promover a competitividade do sector agrario en Galicia.

Inscrición:

As solicitudes deberán ser presentadas pola persoa interesada en participar no curso, preferentemente na Oficina Agraria Comarcal Betanzos, empregando o seguinte formulario

As solicitudes presentaranse en:

Poderase enviar o formulario de inscrición aos seguintes CORREOS ELECTRÓNICOS: oac.seca.betanzos@xunta.gal; diego.miranda@marinasbetanzos.gal

SEDE ELECTRÓNICA (preferentemente), a través do procedemento PR004A

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment