
O Coiag e Nordés Club Empresarial asinan un convenio para promover os contactos entre as entidades e xerar posibilidades de negocio entre os seus asociados
; e Pedro Calaza, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrómomos de Galicia, asinaron o venres 8 de setembro un convenio de colaboración entre ambas as entidades.
O acordo ten como obxectivo promover os contactos entre ambas as entidades para favorecer o intercambio de información profesional, económica e empresarial. Do mesmo xeito pretende xerar posibilidades de negocio entre os membros de ambas as entidades, mediante o intercambio de propostas concretas nas que poida participar tamén Nordés Club Empresarial como persoa xurídica. Finalmente, o acordo contempla a promoción de todas aquelas actividades que poidan redundar no incremento e a mellora da rendibilidade dos negocios dos membros das dúas organizacións, así como na consecución dos obxectivos e intereses comúns do tecido empresarial de Galicia e a súa área de influencia.
Mercé a este convenio de colaboración o Colexio poderá utilizar as instalacións de Nordés Club Empresarial para organizar eventos. Tamén poderá participar en actividades que acorde con Nordés. Este último, pola súa banda, terá a posibilidade de acceder ao programa de actividades do Coiag e participar naquelas que considere.
Os colexiados do Coiag gozarán de descontos na cota de alta de Nordés Club Empresarial e nas actividades que este organice, e poderán acceder á newsletter de Nordés.