O Consello Galego de Enxeñerías, ao que pertence o Coiag, celebrará o IV Torneo CGES de golf o 16 de setembro no campo de Xaz (Oleiros)

WhatsApp Image 2023-09-12 at 13.34.34
Sep 12 2023

O Consello Galego de Enxeñerías, ao que pertence o Coiag, celebrará o IV Torneo CGES de golf o 16 de setembro no campo de Xaz (Oleiros)

O Consello Galego de Enxeñerías (CGES), que aglutina ás principais enxeñerías superiores de Galicia, organiza o próximo 16 de setembro de 2023 o IV Torneo CGES de Golf, no Club de Golf de Xaz en Oleiros, na Coruña. O torneo disputarase baixo a modalidade “stableford” e nel xogarán socios, enxeñeiros e convidados.

A presentación do torneo tivo lugar o martes 12 de setembro no pazo de Xaz. Contou coa participación do presidente do club de Golf Xaz, Federico Canas, o presidente do Consello Galego de Enxeñerías (CGES), Enrique Urcola, e representantes dos colexios de enxeñería.

Entre os patrocinadores do torneo atópanse Mutuactivos, a primeira xestora de fondos española independente de grupos bancarios, FCH Abogados, Calvo Joyeros, Tag Heuer y Brigantia Real State. Ademais, colaboran outras firmas como Golf Xaz, Coca Cola, Balneario de Mondariz, Ripley Publicidad, Centro Porsche Coruña, Husqvarna Grupo Internaco e o periódico Quincemil.

Entre as novidades deste ano, destaca o carácter benéfico do torneo que, nesta ocasión, colaborará coa fundación galega Stop Leucemia, contra o cancro hematolóxico. Patrocinadores e colaboradores do torneo apoiarán á ONG con diversas achegas. Tamén poderán colaborar coa entidade mediante doazóns particulares todos os que o desexen, xogadores, público e invitados ou non. Entre todos aqueles que doen polo menos 10 euros sortearase unha entrada para asistir ao Mutua Madrid Open de Tenis de 2024 e unha viaxe ao balneario de Mondariz. As doazóns pódense realizar á conta ES59 2080 5803 9830 4000 7746.

Por outra banda, entre todos os participantes rexistrados, o torneo fará un sorteo de agasallos como diversas experiencias de lecer e material de golf, entre outros.

Compromiso co deporte

Co seu patrocinio, Mutuactivos reafirma o seu compromiso co deporte. Por cuarta vez, a xestora de fondos de investimento de Mutua Madrileña patrocina este prestixioso torneo de golf galego.

Ademais, Mutua Madrileña patrocinou este ano, por décimo sétimo exercicio consecutivo, o Mutua Madrid Open, o torneo de tenis máis importante que se celebra en España e do que é patrocinador principal.

Sobre Mutuactivos

Mutuactivos é a primeira xestora de fondos de investimento independente de grupos bancarios en España. Con oficina propia na Coruña, a entidade comercializa os produtos de aforro e investimento do Grupo Mutua Madrileña. Na actualidade, xestiona un patrimonio superior aos 10.000 millóns de euros, a través de fondos de investimento, plans de pensións e diversos seguros de aforro.

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment