O sector do agro arroupa á Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia, que promove o Coiag, na I Noite da Enxeñería Agronómica cargada de “gratitude, respecto e paixón”

DSC07540
Nov 30 2023

O sector do agro arroupa á Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia, que promove o Coiag, na I Noite da Enxeñería Agronómica cargada de “gratitude, respecto e paixón”

Foi unha velada chea de emocións, de ilusión e de recoñecemento a que se viviu na I Noite da Enxeñería Agronómica que se celebrou no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela. A Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia (FIA Galicia) presentouse en sociedade nunha gala na que quedou de manifesto a ilusión por iniciar unha andaina que ten unha meta clara: contribuír ao desenvolvemento de Galicia.

Fíxoo co respaldo do colectivo de enxeñeiros agrónomos, de empresas e de todo o sector que mostrou así o apoio a esta iniciativa xurdida do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia e na que tamén participan a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela. Un respaldo institucional que estivo representado pola presenza do conselleiro de Medio Rural, José González, e do reitor da USC, Antonio López. A emoción tamén se respirou no evento, especialmente, coa homenaxe de recoñecemento ao labor de José Luis Hernáez Mañas que acudiu a recoller o galardón acompañado da súa familia.

Un colectivo entregado ao traballo por Galicia

O presidente de FIA Galicia, Pedro Calaza, foi o encargado de explicar os obxectivos da fundación que se presentaba en sociedade. Foi un discurso emocional no que quixo agradecer o apoio de todos os que fixeron posible que FIA Galicia sexa unha realidade e a todo un colectivo “entregado e desexoso de traballar para Galicia e para o sector”. Calaza deixou patente a responsabilidade coa que afrontan este novo camiño que vai permitir “traballar pola mellora da nosa rexión” co fin de “alcanzar os obxectivos de desenvolvemento sostible a través da innovación, a investigación, o desenvolvemento e a educación”.

O presidente da fundación transmitiu en todo momento a ilusión do novo camiño que se inicia e que se sustenta sobre tres piares fundamentais: “gratitude, respecto e paixón”. Porque, engadiu, “sen paixón non hai movemento, sen movemento non hai vida, sen vida non hai futuro. A paixón por facer un mundo mellor vai guiar a esta fundación. Unha paixón que, esperemos, dinamice as ideas e os proxectos”.

Na I Noite da Enxeñería Agronómica houbo tamén intervencións que evidenciaron o respaldo institucional co que conta FIA Galicia. Unha delas foi a do conselleiro do Medio Rural e presidente de honra da fundación, José González, que foi o encargado de abrir o acto destacando que “sin agricultura, nada”. González puxo en valor a labor dos enxeñeiros agrónomos, tanto para a consellería que dirixe coma para a sociedade gallega. “Cando vos miro estou vendo o verdadeiro motor do desenvolvemento rural. Os enxeñeiros son parte activa neste proceso, facendo valer o seu coñecemento do medio rural. Vos tendes unha visión integral xa que a vosa formación é multidisciplinar, con contidos moi diversos vinculados, non só aos recursos naturais e á súa posta en produción, senon que tamén tedes os coñecementos necesarios para a xestión do territorio rural coa compoñente económica destas actividades. Pero ademáis, a vosa formación humanística e o voso coñecemento da sociedade rural é fundamental para o seu desenvolvemento. A vosa experiencia acadada ao longo de anos de traballo, fai que seades fundamentais para acadar os obxectivos desta consellería”.

José González, tamén tivo palabras de agarimo e agradecemento ao homenaxeado, José Luis Hernáez Mañas, que “en todo o sector vitivinícola deixou unha impronta moi importante.

Tamén o reitor da USC, Antonio López, desexou moitos éxitos á fundación. Un “gran proxecto” que, destacó, comparte con la Universidad tres principios fundamentales: “formación, investigación e transferencia do coñecemento”. Y dentro de esa oferta, “a formación dos coñecementos relacionados coa enxeñería agronómica son unha peza fundamental da Universidade. É máis, foron o xermo da Universidade no campus de Lugo”. Una formación á que garantiu a súa continuidade.

I Note Galega da Enxeñería. Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia

José Luis Hernáez Mañas recolle de mans de Pedro Calaza unha figura de Sargadelos en recoñecemento á súa traxectoria profesional.

 

Un emotivo recoñecemento a toda unha traxectoria de traballo

Ademais das distintas intervencións, a Noite Galega da Enxeñería Agronómica contou tamén coa conferencia de Elena Pita da Fundación Biodiversidade, que fixo unha exposición sobre os “desafíos futuros da enxeñería agronómica: levar a sustentabilidade á acción”. Aínda que sen dúbida o momento máis emotivo chegou co recoñecemento a José Luis Hernáez Mañas. Acompañado pola súa familia, o homenaxeado escoitou a emotiva e próxima descrición que Ricardo Vázquez, patrón da fundación, fixo del. Revelou que a proposta elixida para outorgar este primeiro recoñecemento foi practicamente “por aclamación” e non escatimou en eloxios a este enxeñeiro agrónomo decisivo para o desenvolvemento da viticultura en Galicia.

José Luis Hernáez Mañas recolleu de mans de Pedro Calaza a figura de Sargadelos deseñada especialmente para a ocasión. Foi un momento cargado de simbolismo.

Emocionado, co seu habitual sentido do humor, próximo e humilde, José Luis Hernáez Mañas recolleu o galardón e agradeceu a distinción eloxiando a profesión: “Transmitir o meu orgullo e a miña satisfacción por facer compartido convosco unha profesión marabillosa que ademais de satisfaccións profesionais proporcionoume excelentes amigos”. Así mesmo, tivo tamén palabras para FIA Galicia: “A esta fundación que hoxe se inicia deséxolle os maiores éxitos. Teño a absoluta seguridade de que chegarán en abundancia e en calidade vendo as mans nas que se atopan”.

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment