II Edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos

CONFERENCIA
Apr 22 2021

II Edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos

Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra consideran de interese común a colaboración para a realización da II Edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos para o ano 2021 e así promover o interese do público xeral, ademais de impulsar o enorme labor científico levado a cabo en Galicia.

A RAGC leva organizando actividades, cursos e ciclos de conferencias en toda a comunidade galega desde a súa fundación no ano 1973, e en liña cos seus obxectivos (difundir a ciencia e a tecnoloxía) pretende instaurar este ciclo de conferencias no que se abordan distintas temáticas con repercusión na sociedade.

Organízanse conferencias, de carácter gratuíto, impartidas por persoas de recoñecido prestixio no seu ámbito profesional. Celebraranse do 29 de abril ao 1 de xullo, en formato webinario e semipresencial con streaming desde o Salón de Plenos do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra.

+ información

 

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment