Xornadas en Monforte sobre as posibilidades que ofrecen os drons na agricultura

agriculture drone fly on sky and farm field
Sep 23 2021

Xornadas en Monforte sobre as posibilidades que ofrecen os drons na agricultura

Xornadas en Monforte sobre as posibilidades que ofrecen os drons na agricultura

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza a semana vindeira no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte cinco xornadas sobre os drons aplicados á agricultura. Previstas dende o próximo luns 27 de setembro ao venres 1 de outubro, todas están programadas das 10,00 h. ás 14,00 h.

O obxectivo da iniciativa é dar a coñecer a tecnoloxía dos drons (vehículos aéreos non tripulados), a lexislación que os regula e as vantaxes que poden supoñer nas explotacións, en relación ao aforro de tempos e custos, para levar a cabo aplicacións máis precisas e con maior seguridade e, en definitiva, para incrementar a eficiencia nos traballos agrícolas.

En concreto, o programa inclúe contidos sobre as novas tendencias na agricultura, sobre as necesidades do agricultor e dos cultivos, sobre as pragas que poden afectar as plantacións e sobre o uso de fitosanitarios. Nesa liña, aprenderase como poden empregarse os drons para pulverizar aforrando non só produto senón tamén tempo e man de obra. Así mesmo, revisarase a lexislación de aeronáutica civil e a normativa do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación en materia de aplicacións aéreas.

Canto aos participantes, a acción están dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

Para inscribirse é preciso descargar a folla de inscrición na páxina web de Medio Rural  e remitila ao enderezo electrónico isaac.lopez.felipe@xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 982889105.

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment