A INFRAESTRUTURA VERDE COMO ESTRATEXIA DE PLANIFICACIÓN DO TERRITORIO

II-SEMINARIO-CATEDRA-WEB-definitivo_Página_1
Oct 03 2019

A INFRAESTRUTURA VERDE COMO ESTRATEXIA DE PLANIFICACIÓN DO TERRITORIO

O próximo 11 de outubro, na sede da Fundación Paideia, celebrarase o seminario A INFRAESTRUTURA VERDE COMO ESTRATEXIA DE PLANIFICACIÓN DO TERRITORIO, organizado pola Cátedra EMALCSA-UDC en colaboración coa Agrupación CITEEC e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia. A infraestrutura verde representa unha ferramenta de planificación de eficacia probada que pode mellorar a resiliencia territorial e a mitigación do cambio climático, á parte de solucionar outros problemas ambientais como a fragmentación ou a coherencia ecolóxica, e mesmo mellorar a saúde pública.

PROGRAMA

Desde o Colexio de Enxeñeiros Agrónomos queremos convidar a todos os colexiados que queiran asistir a este Seminario.

O prazo de inscrición está aberto ata completar o aforo.

Se estás interesado debes facelo na web:

https://catedraemalcsa.com/.es

Na pasarela de pago o único que terás que facer é seleccionar a condición de colexiado e subir unha copia desta invitación.

INVITACIÓN

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment