XIII edición dos Premios de Excelencia á Innovación para mulleres rurais

premiosexcelenciamujeresrurales_tcm30-622463
Jun 21 2022

XIII edición dos Premios de Excelencia á Innovación para mulleres rurais

XIII edición dos Premios de Excelencia á Innovación para mulleres rurais

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convocou a XIII edición de los Premios de Excelencia a la Innovación para mujeres rurales. Como en anos anteriores, esta iniciativa busca poñer en valor o traballo e os proxectos de vida das mulleres no noso medio rural e zonas pesqueiras rurais, e o imprescindible labor que realizan para manter e revitalizar estes territorios, a través do recoñecemento de proxectos excelentes, orixinais e innovadores.

Na convocatoria deste ano, que conta cunha dotación total de 150.000 euros, recoñécense catro categorías, en cada unha das cales se outorga un primeiro, segundo e terceiro premio:

  1. “Excelencia á innovación na actividade agraria”
  2. “Excelencia á innovación na actividade pesqueira ou acuícola”
  3. “Excelencia á innovación en diversificación da actividade económica no medio rural”
  4. “Excelencia á comunicación”

A estas categorías súmase o Premio especial pola traxectoria vinculada ao apoio ás mulleres no medio rural e en zonas pesqueiras rurais, cun recoñecemento de carácter honorífico.

Podedes obter máis información sobre estes premios e as condicións para participar nos mesmos na web del Ministerio e en redes sociales Facebook e Twitter.

O prazo de inscrición para presentar solicitudes estará aberto desde o 20 de xuño ao próximo 8 de xullo.

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment