Adrián Dopico, cun proxecto de industria para a elaboración de marmelada, gaña os Premios Fin de Carreira que outorga o Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia

thum_3
may 19 2017

Adrián Dopico, cun proxecto de industria para a elaboración de marmelada, gaña os Premios Fin de Carreira que outorga o Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia

PREMIADOSok

 

Adrián Dopico Núñez, co traballo ‘Proxecto de Industria para a elaboración de 33.000 quilos/ano de marmelada no Polígono Industrial Vilar do Colo de Fene (A Coruña)’, foi o gañador do primeiro premio dos galardóns ‘Fin de Carreira San Cidre 2017’ que entrega todos os anos o Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia para recoñecer os mellores traballos da titulación de Enxeñeiro Agrónomo e do Master de Enxeñería Agronómica. Adrián recibiu de mans do decano do Coiag, Pedro Calaza, o premio, dotado de 1.000 euros e diploma acreditativo, nun acto celebrado na Casa do Saber de Lugo e ao que asistiu a alcaldesa lucense, Lara Méndez López.

David Figueroa Garrido foi segundo co traballo ‘Proxecto dunha adega para a produción de 50.000 litros de viño Mencía DO Bierzo en Vilafranca do Bierzo (León)’, mentres que Valentín García Souto, co traballo ‘Aproximación a un método de correlación dixital de imaxes (dic) de baixo custe para o ensaio da enerxía de fractura en tensión perpendicular á fibra en madeira estructural’, rematou terceiro.

No acto tamén se procedeu á entrega de diplomas e insignias aos recén titulados na Escola Politécnica de Lugo do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela. Asimesmo, impartíronse dúas charlas. Pedro Calaza, decano do Coiag, falou do «Enxeñeiro Agrónomo. Da innovación ás Tecnoloxías da Información» e o director técnico de Galicia Calidade, Javier de Miguel, do «Efecto Galicia Calidade».

Na entrega de premios estiveron presentes, ademais da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, Tomás Cuesta García, director da Escola Politécnica Superior de Lugo; Javier Bueno, vicerreitor de coordinación do Campus Terra da Universidade de Santiago; e Sonsóles López Izquierdo, deputada provincial de Medio Ambiente.

Aquí tedes unha galería de imaxes que colgamos na nosa páxina de Facebook.

 

 

 

 

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment