O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) abre o prazo de presentación de candidaturas ao II Premio Rafael Crecente a iniciativas innovadoras na xestión territorial

48370790_2045287495509509_8242835018972397568_n
dic 19 2018

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) abre o prazo de presentación de candidaturas ao II Premio Rafael Crecente a iniciativas innovadoras na xestión territorial

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) vén de abrir o prazo de presentación de candidaturas ao II Premio Rafael Crecente a iniciativas innovadoras na xestión territorial. Os interesados en optar ao galardón terán ata o 15 de marzo para presentar os seus proxectos.

O profesor Rafael Crecente Maseda (1964-2015) estaba considerado como un dos grandes expertos en xestión territorial de Galicia. Foi profesor titular do Departamento de Enxeñería Agroforestal da Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela, e o seu labor estivo vencellado principalmente á investigación, como director do Grupo de Investigación  Territorio-Biodiversidade – Laboratorio do Territorio, e coordinador do Sistema de Información Territorial (SIT) desta universidade. Asemade, participou activamente como investigador en países de Latinoamérica, fundamentalmente en Ecuador -lugar no que impulsou un programa de colaboración- así como en convenios con países de Europa central e do leste. Tamén foi consultor da oficina rexional da FAO en Budapest e profesor invitado na Universidade de Múnich. E investigador do IBADER adscrito ao Grupo de Investigación 1934 – Territorio e Biodiversidade.

Velaquí tedes as bases do certame en galego e en castelán.

Velaquí está o formulario de inscrición en galego e castelán.

 

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment