XORNADAS FORMATIVAS ‘Para unha Transición Ecolóxica’

image001
oct 16 2020

XORNADAS FORMATIVAS ‘Para unha Transición Ecolóxica’

O CEIDA e a Deputación da Coruña, acaban de abrir a inscrición para o programa de capacitación enmarcado dentro do proxecto ‘Para unha Transición Ecolóxica’, que se desenvolverá durante este mes de outubro e o mes de novembro, e que inclúe as seguintes xornadas formativas online:

As Reservas de Biosfera: oportunidades para o territorio. 22 e 23 de outubro. De 10 a 12 h.

Emerxencia climática: un reto para a humanidade. 29 e 30 de outubro. De 10 a 12 h.

Conservación e Posta en Valor do Patrimonio Natural da Coruña: Parque Natural Fragas do Eume e Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. 5 e 6 de novembro. De 10 a 12 h.

A inscrición pode realizarse en cada unha das actividades de maneira independente.

As prazas son limitadas.

Programa completo e inscricións: http://www.ceida.org/gl/formacion-gl/programa-formativo-online-por-unha-transicion-ecoloxica

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment